Raúl Gil gaña a XI edición do Concurso de Pintura Ernesto Goday

Acadou o galardón coa súa obra Amanecer en La Toja
Obra 'Amanecer en La Toja'. DS
photo_camera Obra gañadora 'Amanecer en La Toja'. DS

Raúl Gil Rodríguez en de gañar a XI Edición do Concurso de Pintura Ernesto Goday. Así mesmo, resultaron finalistas Rafael Jiménez Ambel, residente en Cangas, e  Hugo Pereira Bengua, residente no Grove. O Concello do Grove, co patrocinio do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra,  convocou a décimo primeira edición do concurso en memoria do insigne pintor local Ernesto Goday, dotado con 3.000 euros.

Asemade grazas a un convenio colaboración do Concello do Grove coa Asociación Española de Pintores e Escultores, entidade da que foi membro Ernesto Goday, o gañador tamén recibirá o Premio da Asociación consistente en medalla e diploma.

O xurado do premio composto por Rosa Villaronga Goday, Sebas Anxo e Amelia Palacios reuniuse na tarde do 13 de decembro para ditaminar esta XI edición do Concurso.
Despois de deliberar, acordaron declarar como gañadora da presente edición a obra presentada baixo o título Amanecer en La Toja e o autor da obra gañadora resultou ser Raúl Gil Rodríguez.  Esta é a segunda vez que o artista obtén este galardón, xa que gañou a VI edición do Premio no ano 2018.

O xurado considera que, pola súa calidade, merecen unha mención especial as obras finalistas: Fiesta del Carmen de Rafael Jiménez Ambel e Chuvasco II de Hugo Pereira Bengua.
Ao concurso presentáronse un total de 34 obras das que 9 foron seleccionadas para formar parte dunha exposición que pode ser visitada na Casa da cultura “Manuel Lueiro Rey” desde esta semana ata finais do mes de xaneiro. Así mesmo, estase a editar o catálogo desta exposición que estará dispoñible en breve.