Meaño dá por finalizada as obras de humanización do vial das Cachizas, na parroquia de Dena

Os traballos incluíron a pavimentación e o pintado da estrada
Humanización no vial das Cachizas. DP
photo_camera Humanización no vial das Cachizas. DP

O Concello de Meaño concluíu os traballos de humanización do vial das Cachizas, en Dena.

O camiño, de 620 metros de lonxitude, conecta a estrada PO-550, no lugar de Coirón, coa EP 9301, no lugar de Seixiños. É un vial moi transitado tanto por vehículos como por peóns para acceder ás vivendas, ás instalacións deportivas, aos centros educativos e aos establecementos públicos desde a PO-550.

As actuacións executadas consistiron nunha completa renovación da capa de aglomerado, instalando franxas de adoquíns ao longo do camiño para conseguir unha redución da velocidade de circulación dos vehículos e executando unha zona en plataforma única cunha nova configuración.



Esta nova configuración executada con franxas de formigón desbastado e zonas de asfalto pulido conseguen formar unha praza de centralidade e prioridade peonil.

Estas actuacións forman parte do importante e ambicioso plan de pavimentacións e humanizacións en diferentes puntos do Concello de Meaño, mellorando así a nosa rede viaria e sobre todo dotándoa de seguridade, tanto para o tráfico de vehículos coma psra os peóns.