Meaño instala contadores homologados na rede de abastecemento de auga

 A obra contou cun orzamento de 90.195,34 euros e foi cofinanciada polo Concello e a Xunta
Casa Consistorial del Concello de Meaño. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Casa Consistorial do Concello de Meaño. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O Concello de Meaño ven de rematar a obra de instalación de contadores homologados en diferentes puntos da rede de abastecemento de auga municipal e de suministro en alta. A obra contou cun orzamento de 90.195,34 euros e foi cofinanciada entre a administración municipal e a Xunta de Galicia, con 46.000 euros, ao abeiro do Fondo de Cooperación Local da Vicepresidencia Segunda.

A actuación enmárcase na liña de inversión destinadas á modernización e mellora das redes de abastecemento municipal. A obra consistiu na instalación de 10 contadores homologados, válvulas reguladoras de presión e un sistema de telexestión co obxetivo de conseguir un sistema de abastecemento a través do sistema de telecontrol instalado na rede e nos depósitos. A realización destas melloras é fundamental para a correcta xestión do ciclo integral da auga no Concello de Meaño.