O Concello de Meaño impulsa o programa 'Mellor Acompañados' para maiores

A acción ten como obxectivo proporcionar formación dixital e atención psicolóxica ás persoas maiores en situación de soidade
Imagen de un señor mayor usando el móvil. DP
photo_camera Os participantes aprenderán a usar maquinas de uso cotiá. DP

A Fundación Amigos de Galicia en colaboración co Concello de Meaño levará o próximo mes de xullo o seu programa Mellor Acompañados á localidade nunha acción dirixida ás persoas maiores que viven en situación de soidade, proporcionando apoio psicolóxico e fomentando o envellecemento activo, a súa sociabilización e dixitalización. 

O programa terá lugar os días 19, 20 e 21 de xullo na Casa de cultura de Dena, en horario de 9.30 a 12.30 horas, e as persoas interesadas poderán inscribirse a través do teléfono 986747585 ou mediante o whatsapp 638603837

Nos obradoiros impartiranse coñecementos de novas tecnoloxías nos que os maiores aprenderán a empregar as máquinas de uso cotiá, como poden ser as quendas de Concellos e Centros de Saúde, caixeiros automáticos (realizar transferencias, pagar recibos, ingresar e retirar cartos...), teléfonos móbiles (engadir contactos á axenda, uso do GPS, enviar enderezos electrónicos...), ou a aplicación móbil do Sergas.