O mércores en Galicia: ceos parcialmente cubertos e pola noite precipitacións

A comarca de O Salnés rexistrará hoxe temperaturas mínimas de dez graos e máximas de 17

 Nubes. EFE
photo_camera Nubes. EFE

O mércores iremos quedando baixo a influencia dunha borrasca situada entre os Azores e a península, que nos enviará unha fronte pola noite que entrará polo sur da comunidade. Así, o día comezará con néboas no interior e con ceos alternando nubes e claros no resto, con máis nubes na provincia de Ourense.

Nas derradeiras horas do día, aumentarán as nubes polo sur, con chuvias que se irán movendo cara ao norte durante a madrugada do xoves.

As temperaturas permanecerán sen cambios ou con lixeiros descensos. Os ventos soprarán de compoñente leste, fortes no litoral norte na segunda metade do día. A comarca do Salnés rexistrará temperaturas suaves para esta época do ano. Segundo a previsión de MeteoGalicia, Vilagarcía e O Grove oscilarán entre os 10 e os 16 graos e Sanxenxo chegará ata os 17.

meteogalicia