A arte de palillar, protagonista do verán de Vilanova de Arousa

O XII Encontro de Palilleiras contou coa visita do alcalde do municipio, Gonzalo Durán
palilleiras
photo_camera O alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, durante o XII Encontro de Palilleiras. DS

A Ría de Arousa foi o escenario dunha demostración da arte de palillar. E é que o XII Encontro de Palilleiras celebrouse este domingo no Multiusos de Vilanova de Arousa. A cita, que recibiu a decenas de palilleiras, estivo organizada pola asociación A Floriña e contou coa colaboración do Concello. O propio alcalde, Gonzalo Durán, non quixo perdeser á xuntanza para poñer en valor o labor desta disciplina.

Ás 10.00 horas tivo lugar a recepción das participantes e media hora máis tarde comezou a palillada. Posteriormente, ás 14.00 horas celebrouse o almorzo de confraternidade entre as persoas asistentes e ás 16.00 horas retomouse. Cara a tardiña finaliza a xuntanza co desenvolvemento dun sorteo.