O campamento de voluntariado das Sinas leva a cabo a limpeza de praias

Enmarcada dentro da campaña 'O Verán Que Sempre Vas Lembrar', esta actividade recibiu a visita de representantes municipais
Javier Tourís, Eliana Vidal e Cristina Pichel xunto aos mozos e mozas que participan no campamento. DS.
photo_camera Javier Tourís, Eliana Vidal e Cristina Pichel xunto aos mozos e mozas que participan no campamento. DS.

Este sábado os mozos e mozas que participan no campamento de Voluntariado do Albergue Xuvenil das Sinas fixeron a labor de limpeza de praias xunto coa empresa de voluntariado Marexada. Neste traballo para eliminar os residuos das praias foron acompañados polo tenente de alcalde de Vilanova de Arousa, Javier Tourís; pola concelleira de Deportes, Eliana Vidal; e pola Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel

Os representantes municipais agradeceron a súa actividade e destacaron os valores que se impulsan en actividades de concienciación ambiental, solidariedade e compañeirismo no campamento das Sinas.