A xerente do Sergas reúnese cos profesionais da Atención Primaria de Vilanova, A Illa e Ribadumia

Nas respectivas xuntanzas analizáronse as medidas postas en marcha para mellorar a Sanidade Pública e repasar os proxectos estratéxicos definidos
A xerente do Servizo Galego de Saude Estrella Lopez Pardo mantera unha reunion co persoal sanitario e non sanitario do centro de saude de Vilanova de Arousa. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Visita de Estrella López-Pardo ao centro de saúde de Vilanova JOSÉ LUIZ OUBIÑA

A xerente do Servizo Galego de Saúde, Estrella López-Pardo, reuniuse na mañá deste martes cos profesionais de Atención Primaria dos centros de saúde das localidades de Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa e Ribadumia.

Nestes tres encontros técnicos, a xerente estivo acompañada polo xerente da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, José Flores Arias, así coma por outras directivas e coordinadores da asistencia sanitaria pública da comarca.

Nestas xuntanzas, os responsables do Servizo Galego de Saúde reuníronse cos diversos estamentos dos centros de saúde de Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa e Ribadumia, co ánimo de repasar varios proxectos extratéxicos definidos e tamén abordar as medidas postas en marcha polo Goberno galego para mellorar a Sanidade Pública no eido da Atención Primaria, como é o caso da cobertura de prazas por concurso de méritos, diante do problema da falta de facultativos no primeiro nivel asistencial que está a acontecer no conxunto do sistema sanitario público español.