Chega a sexta edición do reencontro de lexionarios de Galicia

Os días 14, 15 e 16 será está tradicional festa na Praza do Castro de Vilanova de Arousa
O alcalde Gonzalo Durán xunto con Xaquín León (a súa esquerda) presentando o reencontro. DS.
photo_camera O alcalde Gonzalo Durán xunto con Xaquín León (a súa esquerda) presentando o reencontro. DS.

A Irmandade Rexional de Veteranos Lexionarios de Galicia organiza un ano máis o seu Reencontro de Veteranos Lexionarios en Vilanova de Arousa. O alcalde, Gonzalo Durán,explicou este evento "que se convierte en tradición". Xa hai seis anos que se celebra este reencontro na praia do Terrón ao lado do campo de fútbol co mesmo nome.

Segundo o alcalde, o que máis reclama a xente é a misa castrensea, que será o día 15 as 11.00 horas na Praza do Castro, onde se atopan as estatuas de Valle Inclán. O presidente da Irmandade Rexional, Xaquín León, declarou que, como todos os anos, haberá xogos populares e, ademais, virán lexionaros "de Jaén, de Madrid, Lleida o Alicante, seremos como unos 80 o 100 comensales". 

Asi, León comenta que está invitados de toda España os días 14, 15 e 16, é dicir, a próxima fin de semana e que "estamos dispuestos para todo".