A Asociación Cultural O Castro inaugura o seu novo curso da unidade de voluntariado

A agrupación inclúe o Edadismo como unha das principais novidades do seu programa
Presentación nuevo curso Asociación Cultural O Castro. DS
photo_camera Comité asesor de expertos de la Unidade de Voluntariado de O Castro. DS

O vindeiro venres 23 de setembro, ás 19.00 horas na Casa da Cultura de Baión, en Vilanova de Arousa, a Asociación Cultural O Castro inaugura un novo curso da súa Unidade de Voluntariado, con moitas novidades no eido do cambio social.

De este xeito serán presentados os programas de Envellecemento Activo no Rural da Unidade de Maiores, o programa de Con Eles, destinado a persoas con discapacidade e se levará a cabo unha charla sobre o Edadismo, un concepto actual, pero de calado profundo e cunhas raíces que veñen de moitos anos atrás: a discriminación das persoas pola súa idade. O Castro centrará este concepto sobre todo na discriminación aos maiores.

Esta inauguración do novo curso ven precedida pola reunión trimestral do Comité Asesor de Expertos con que conta a unidade de voluntariado, entre os que destacan persoas do mundo da sanidade, dos servizos sociais e da cultura, que fan posible as melloras nos programas ano tras ano, incorporando conceptos e actividades que fan da unidade de voluntariado da asociación un referente a nivel autonómico. Esta reunión celebrada a pasada semana, trouxo consigo unha listaxe de novas ideas e propostas que nos vindeiros meses se verán reflexadas nas accións de O Castro, sendo esta inauguración a antesala dun curso cheo de contidos e avances de mellora para a nosa comunidade e de posta en valor do noso rural.

O presidente da Asociación O Castro fará a presentación do novo curso, adiantando todas estas liñas na cita deste venres e convidando a todos aqueles usuarios potenciais que queiran formar parte dos proxectos da Unidade de Voluntariado da asociación a esta sesión de portas abertas, así como a incorporarse activamente a disfrutar das actividades plantexadas.

Asimesmo, se fará unha chamada a todas aquelas persoas que desexen colaborar activamente como voluntarios na unidade da asociación, posto que non so se beneficiarán de vivir este cambio social dende dentro, senón que poderán disfrutar das ventaxas que en breve tempo terán ditos voluntarios, entre as que se contan, charlas e cursos específicos de distintos eidos de actuación.

Por suposto a xornada de portas abertas está destinada a que se acheguen todos aqueles que o desexen e se contará coa presenza de diferentes autoridades e representantes dos concellos e dos servizos sociais das localidades limítrofes, así coma de outras institucións públicas e privadas.