Unha trintena de estudantes benefícianse do programa de reforzo educativo

Os alumnos, de Primaria e Secundaria asisten ás clases que se imparten dende decembro en catro academias do municipio en función das materias a abordar
Alumnado de A Escardia participa en la actividad organizada por 'Stop Accidentes'. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Alumnado de A Escardia. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O Centro de Servizos Sociais do Concello de Vilagarcía desenvolve dende o pasado mes de decembro un programa de reforzo educativo do que se están a beneficiar 29 estudantes de Primaria e Secundaria do municipio. A iniciativa forma parte das intervencións socio educativas e de apoio familiar levadas a cabo para favorecer a inclusión de colectivos vulnerables ou en risco de exclusión, e enmárcase no proxecto Vilagarcía Avanza, financiado cos fondos europeos das EDUSI.

O programa de reforzo educativo ten como obxectivo mellorar os resultados académicos de menores pertencentes a unidades familiares en risco de exclusión social ou pertencentes a colectivos vulnerables, polo que os participantes foron seleccionados polo propio departamento entre os seus usuarios. Proporcionándolles clases extraordinarias coas que reforzar o aprendido no colexio ou no instituto, búscase unha evolución escolar e social positiva dos participantes co fin de fortalecer os factores protectores do desenvolvemento persoal e favorecer a inclusión social.

O programa consiste na asistencia a clases particulares que se imparten en catro academias do municipio baixo dúas modalidades. A primeira, tanto para alumnado de Primaria como de Secundaria, consiste na asistencia a 2 horas semanais de clases xerais, que abarcan todas as materias do programa lectivo do curso ao que lle corresponda. A segunda, orientada a estudantes de Secundaria da Área Científica, consiste na impartición de 1 hora semanal de clases dunha materia específica (matemáticas, Fisícia e Química, etc..) Á primeira modalidade están asistindo dende o mes de decembro 20 alumnos e alumnas e á segunda da outros 9. As clases rematarán a finais de xuño, igual que o curso escolar. Servizos Sociais destina ao programa de reforzo educativo 9.205 euros que se financian cos fondos europeos.