A Semana da Muller e Cultura remata cunha sesión de curtas e unha conversa

No acto de clausura intervirán as directoras vilagarciás, Coral e Laura Piñeiro, a scrip Mónica Alonso e a montadora Verónica Callón
Coral e Laura Piñeiro para Vida Salnés. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Coral e Laura Piñeiro participarán na Conversa con Mulleres do Audiovisual. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

A Semana de Muller e Cultura organizada pola Área de Igualdade-CIM do Concello de Vilagarcía chega ao seu fin con dúas importantes citas. A primeira este venres, cunha sesións de cine que contará coa intervención de Jaione Camborda, directora da película gañadora da Concha de Ouro na última edición do Festival de Cine de San Sebastián. E a segunda, o sábado, para clausurar as actividades dedicadas este ano ao audiovisual cun acto no que catro mulleres profesionais do sector exporán as súas experiencias e traballos. En ámbolos dous casos, a entrada é libre e de balde ata completar aforo.

A sesión de cine prevista para este venres celebrarase no Salón García a partir das 21.00 horas. Coa colaboración do Cine Club Ádega, o público poderá ver o anterior traballo de Jaione Camborda, a película Arime. A directora acudirá á proxección e será a encargada de presentala ao público asistente.

E como colofón á Semana de Muller e Cultura, o Salón García tamén será o escenario no que se desenvolva na xornada deste sábado a Conversa con Mulleres do Audiovisual. O acto comezará ás 19.00 horas e contará coa participación das directoras vilagarciáns, Laura e Coral Piñeiro, a script Mónica Alonso e a montadora Verónica Callón. Por últi mo, ás 20.30 horas dará comezo a proxección dunha selección de curtametraxes feitas por mulleres.