Panteón Rococó e La Élite súmanse ao cartel do Revenidas 2023

A banda de ska latino e a de synthetik punk pechan o cartel do festival que se celebrará do 7 ao 10 de setembro en Vilaxoán
Panteón Rococó completa o cartel do Revenidas. DS
photo_camera Panteón Rococó completa o cartel do Revenidas. DS

O festival Revenidas, que este ano se celebrará do xoves 7 ao domingo 10 de setembro en Vilaxoán, ven de sacar o cartel completo con dúas novas incorporacións: a do grupo mexicano Panteón Rococó e a do dúo catalán La Élite, un dos principais expoñentes do synthetik punk. 

A primeir banda xurdiu en méxico hai máis de 25 anos ao berro de "Paz, Baile e Resistencia". Hoxe esa premisa é unha das súas sinais de identidade, pero o grupo de oito amigos converteuse nunha das bandas máis influíntes do ska latino, un estilo que mestura o rock, o punk, a salsa, o mariachi, o reggae e mesmo a música folclórica mexicana, sempre cun son e unha proposta escénica enérxica e movediza. 

Por outro lado, La Élite chega dende Lleida ao mundo co novo punk: o synthetik punk. Esta banda demostra que é posible utilizar sintetizadores ou caixas de ritmo no punk.. 

Entradas

Queda un mes para o inicio do festival pero as entradas e abonos do sábado día 9 de setembro xa están esgotadas. Porén, aínda hai entradas para o xoves a un prezo de 30 euros (máis gastos de xestión) e para o venres a 35 euros (máis gastos de xestión). As actuacións do día de peche, é dicir, o domingo, son de balde e con entrada libre. 

O Revenidas 2023

O festival de Vilaxoán comezará o xoves 7 de setembro coa prensenza de dous grandes nomes de referencia da nova escena latinoamericana, Pateón Rococó e Ana Tijoux, con Desakato; a combativa activista feminista arxentina Sata Hebe, a gañadora do concurso Sonmidos Mans HYDN, o festivo colectivo madrileño de cumbia-punk, rap e electrónica Tremenda Jauría, The Skarnivals, os recentes gañadores dun Martín Códax Arrhythmia e A Duendeneta.

O venres 8 subiranse ao escenario os recoñecidos artistas valencianos, Zoo, a gran revelación da música galega deste 2023, Fillas de Cassandra, os tamén valencianos e igual de comprometidos Los Chikos del Maíz, o principal expoñente da música electrónica en euskera, Zetak; Tropa do Carallo, o novo grupo de Evaristo Calvo; e Sheila Patricia, La Regadera, Rebeliom do Inframundo e A Duendeneta

A terceira xornada e a xa esgotada recibe a Ska-P que ofertará no Revenidas o seu único concerto en Galicia no 2023. Ese mesmo día celebrarase o concerto especial do XX Aniversario de Dakidarría, con moitos artistas convidados e que será gravado para se converter no primeiro disco en directo da banda. Completan o cartel do sábado o música asturiano Rodrigo Cuevas, Heredeiros da Crus, o recén anunciado La Élite, Lamatumbá, Nativa, Kiza, O Rabelo, Familia Caamagno, Mondra, The Rapants, Kris K DJ, Me Fritos and Gimme Cheetos e A Duendeneta. 

Por último, coma todos os anos o domingo celebrarase a tradicional sardiñada popular e a Gala de Circo Solidaria que contará no musical coas actuacións de Uxía Lambona e a Banda Molona, La Yaya Dj e Xosé Lois Romero e Aliboria, que pecharán o Revenidas 2023. A organización do festival dará a coñecer en vindeiras datas os contidos e os protagonistas das actividades paralelas, nas que figuran os concertos a bordo, a gala de circo, o roteiro comentado e os showcookings.