O Festaclown remata coas actuacións de La Finestra Nou Circ e do Mago Teto

Tras unha mañá animada por Ángeles Goas e Xabi Larrea, na tarde deste martes chegan dous espectáculos que poñerán a este festival o peche que se merece
Espectáculo de Xabi Larrea na xornada de peche do Festaclown. ROCÍO CIBES
photo_camera Espectáculo de Xabi Larrea na xornada de peche do Festaclown. ROCÍO CIBES

O Festaclown chega este martes ao seu fin. Tras unha mañá animada por Ángeles Goas e Xabi Larrea, na tarde deste martes chegan dous espectáculos que poñerán a este festival o peche que se merece.

Desde Cataluña, ás 19.00 horas estarán na Praza de Galicia La Finestra Nou Circ e xa ás 21.00 horas, como espectáculo de fin de festa, o Mago Teto estará na Praza da II Repúblico co recentemente estreado Rock&Magic.

O Festaclown remata así cinco días cheos de risa, emocións e prazas cheas de persoas de tódalas idades. Nesta edición o espectáculo volve demostrar que a cultura pode mudar olladas e que a risa é unha ferramenta de cambio social e conexión interxeracional.