'Festaclown', o protagonista do sábado en Vilagarcía de Arousa

As Festas de San Roque comezan con diversas actividades destinadas para os máis pequenos da familia
Festaclown 2023.
Rocío Cibes
12/08/23
photo_camera Festaclown 2023. Rocío Cibes 12/08/23

A xornada deste sábado 12 nas Festas de San Roque de Vilagarcía estivo destinada a a actividades como o Festaclown. A mañá da xornada non lectiva destinouse a realizar unha homenaxe a Jango Edwards e a xogos con Máximo Óptimo. Pola tarde, ás 19.30 horas comezou o Certame Festaclown co espectáculo Glamping da compañía SU.MA na praza da Ravella e máis tarde estiveron os etíopes Kine Circus na Praza da II República.

No que respecta ao domingo 13 de agosto, Vero Rilo estará ás 11.00 horas no parque Miguel Hernández co seu espectáculo Destemidas, un conto que nos achega a partes iguais humor e reivindicación. Unha hora máis tarde, pero na Praza da Ravella o espectáculo Tnxarina de Titiricircus fará rir aos máis pequenos.

Pola tarde, ás 19.30 horas será o turno de Marta Sempre Arriba co seu espectáculo Hoxe Si! e ás 21.00 horas, na Mostra Festaclown na Praza da II República, estará El Gran Dimitri co seu show Legend, dedicado aos antiheroes. Unhas xornadas de festividade farán desfrutar aos veciños e veciñas de Vilagarcía.