Loli Crespo presenta o seu último traballo discográfico sobre baladas e zarzuelas

Acompañada ao piano por Alejo Amoedo, a soprano interpretará varios temas de 'No me peito' no acto que terá lugar o sábado, ás 19.00 horas, no Gato Negro de Carril
Loli Crespo. DS
photo_camera Loli Crespo. DS

A axenda cultural da fin de semana en Vilagarcía inclúe unha interesante cita musical protagonizada por Loli Crespo. A soprano carrilexa elixiu a súa localidade natal para presentar o seu novo disco titulado No meu peito. Baladas e zarzuelas galegas. E farao do mellor xeito posible, cun recital no que interpretará algúns dos temas incluídos no traballo editado por Dos Acordes e para o que contará co acompañamento ao piano de Alejo Amoedo. O concerto celebrarase nos salóns da sociedade Gato Negro o sábado, 25 de novembro, a partir das 19.00 horas. A entrada é libre e de balde ata completar aforo.

A presentación de No meu peito non será un simple concerto xa que o acto complétase coa intervención de Javier Jurado Luque, catedrático de Historia da Música que, entre os moitos estudos e investigacións que ten realizado, destacan os relativos ás zarzuelas galegas, como por exemplo A Lenda de Montelongo, composta por tres vilagarciáns: Bernardo del Río (música) e Juan Buhígas e Manuel Rey Pose (libreto).