Juan Fajardo (EU): "Nin Madrid nin Santiago nos di o que temos que facer nós"

Juan Fajardo. DS
photo_camera Juan Fajardo. DS

De novo encabezando a candidatura de EU. Que expectativas se marcan?
Crecer e acadar un resultado que condicione o rumbo do goberno local de Vilagarcía. Presentámonos de forma humilde pero non renunciamos a nada.

Cal é a aposta programática? 
Estamos nun momento no que hai máis cartos nas administracións públicas. Hai un orzamento que pasa dos 32 millóns de euros e queremos que sirva para mellorar a vida da xente. O primeiro é o emprego, somos a única vila da contorna que non recuperou os niveis de 2009. Estamos no posto vinte e tantos polo Produto Interior Bruto, cando somos a novena cidade de Galicia, polo hai que facer algo. Non hai una praza pública en residencias ou un centro de día para os maiores, non se fixo unha vivenda pública para aluguer.  Hai que intervir no mercado do aluguer a través dunha empresa pública. Non se pode gastar os cartos en obras absurdas. 

Que obras?
A obra Arcebispo Lago (sobran as fontes), ou que gastara tres millóns de euros nos terreos do Ramal e da Comandancia de Mariña, que son públicos. Eran do Porto e debería chegar a un acordo. Non ten ningún sentido. É unha aberración poñer piscinas de auga salgada no Ramal.

Qué faría EU se o PSOE perdese a maioría absoluta?
Non imos dar cheques en branco. Esixiremos que cambien as cousas. Por desgraza, o problema é que aquí hai dúas candidaturas que xa teñen pactado o que vai pasar se a perde, a cambio da Deputación Provincial e dalgunha concellería. Madrid e Santiago non nos van dicir o que temos que facer.