O xornalista Jesús Cintora falará de 'poder e periodismo' no Salón García

O presentador de televisión tamén presentará os seus libros 'No quieren que lo sepas' e 'La Conjura'
Jesús Cintora nunha charla con Javier Olleros en Pontevedra. ANXO LORENZO
photo_camera Jesús Cintora nunha charla con Javier Olleros en Pontevedra. ANXO LORENZO

O xornalista e presentador de televisión Jesús Cintora visita a capital arousá este mércores 27 de decembro para impartir unha conferencia que leva por título 'Poder y Periodismo' e para presentar os seus libros 'No quieren que lo sepas' e 'La Conjura'. O acto terá lugar a partir das 19.30 horas no Salón García e a entrada é libre e de balde. O público asistente terá a oportunidade de interactuar co autor facendo preguntas sobre os temas tratados na charla e nas proxeccións de apoio.

Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Navarra, Jesús Cintora é xornalista, presentador de televisión e de radio, escritor e conferenciante. Na televisión presentou espazos como 'Las mañanas de Cuatro', 'Cintora a pie de calle' e 'La Línea Roja' (Cuatro TV, Mediaset); 'Las cosas claras' (TVE) e 'Carretera y manta' (La Sexta, Atresmedia). Os seus inicios na radio foron realizando prácticas na Cadena SER, onde tamén coordinou informativos como 'Hoy por hoy', con Iñaki Gabilondo, e dirixiu os noticiarios 'Matinal', 'Hora 14' e 'Hora 25 fin de semana'.

Como escritor conta no seu haber coa publicación de catro libros coa editorial Espasa-Planeta: os dous que presentará o mércores en Vilagarcía máis 'Conspiraciones' e 'La hora de la verdad'.