A Festa da Ameixa de Carril anuncia os premiados da súa XXVIII edición

A xunta directiva da 'Orde da Ameixa de Carril' acordou outorgar os premios por unanimidade no seu XVI Capítulo da Orde
Foto de archivo dunha das últimas edicións da Festa da Ameixa de Carril. DS
photo_camera Unha das últimas edicións da Festa da Ameixa de Carril. DS/ARQUIVO

A Festa da Ameixa de Carril anunciou os premiados da súa XXVIII edición despois de que a xunta directiva da Orde da Ameixa de Carril acordara, por unanimidade, outorgalos no seu XVI Capítulo da Orde.

O premio Parquista Xoven recaeu en Pío González Pérez, mentres que Marcial Nogueira Leiro recibiu o Parquista de Honra. Os galardóns para as empresas foron para Cobre San Rafael, a Ameixa de Ouro, e para Venerupisgal S.L, a Ameixa de Prata.