O Concello beca a cento setenta universitarios e alumnos de estudos superiores

Ravella destinou 66.650 euros financiar as bolsas de 425 e 225 euros en función do tipo de estudos realizados
Distintas promociones de la Universidad de Vigo. DS
photo_camera Distintas promociones de la Universidad de Vigo. DS

Un total de 170 universitarios e alumnos de ciclos superiores de Vilagarcía se beneficiaron este ano das axudas que concede anualmente o Concello de Vilagarcía para estudantes que cursen fora do municipio. A administración local destinou 66.650 euros a financiar as bolsas coas que o executivo que preside Alberto Varela pretende garantir a igualdade de oportunidades no que á formación e estudos se refire, de xeito que a situación económica non sexa obstáculo para elo. Por iso as bolsas se conceden atendendo aos niveis de renda familiar.

O importe das bolsas incrementouse nesta convocatoria ata os 425 euros para estudos universitarios e 225 para ciclos superiores ou titulacións similares, a efectos de axustalas á subida do custe da vida en xeral. A maioría dos bolseiros deste ano cursan estudos na Universidade, un total de 142, cada un dos cales recibirá a axuda dos 425 euros correspondentes. Os 28 restantes recibirán a axuda dos 225 euros.

Á convocatoria deste ano presentáronse 200 solicitudes das que aprobáronse 170. A principal causa das axudas denegadas foi superar os nivel de renda familiar establecidos nas bases (17 casos), aínda que tamén se rexeitaron 6 peticións por tratarse de estudos non suxeitos á convocatoria, e outras 5 por non cumprir o requisito de superar o 50% das materias da matrícula. Por último, desestimouse unha solicitude por presentarse fora de prazo e outra máis por non atender ao requirimento para completar a documentación.