Ecovidrio desenvolve unha xornada de xogos para incentivar a reciclaxe no Nadal

A actividade terá lugar este xoves na Praza de Galicia de 16.00 a 20.30 horas
Contenedores de basura y camiones de recogida de basura en Vilagarcía DS
photo_camera A actividade celebrarase este xoves de 16.00 a 20.30 hroas. DS

Ecovidrio, a empresa que se encarga da recollida e recuperación deste material en toda España, aproveita esta época do ano na que se dispara o consumo de produtos envasados en vidro para desenvolver unha campaña especial de fomento da reciclaxe. A iniciativa chega este xoves, 21 de decembro, a Vilagarcía e consistirá nunha xornada informativa e de xogos para persoas de todas as idades. Será na Praza de Galicia de 16.00 a 20.30 horas e haberá premios para os gañadores.

A campaña farase visible mediante unha árbore de Nadal de 4 metros de alto composta por 65 mini iglús para a recollida de vidro. Ao seu pé monitores medio ambientais de Ecovidro informarán á xente que se achegue e falaranlle dos beneficios medio ambientais e económicos que supón reciclar vidro.

A xornada dinamizarase cun xogo de preguntas e outros de tres en raia no que poderán participar individualmente persoas de todas as idades e incluso familias completas. As que respondan correctamente as preguntas relacionadas coa reciclaxe do vidro, poderán probar sorte extraendo unha papeleta do iglú e comprobando si é algunha das premiadas.

Con esta actividade lúdica e técnica, Ecovidrio pretende informar e concienciar á poboación sobre a importancia de reciclar correctamente, así como incrementar a proporción de recollida dos residuos de vidro destinados á reciclaxe. A xornada tamén ten como obxectivo aclarar dúbidas, sobre todo no relativo á separación selectiva do iglú verde, incidindo no que se debe e non se debe depositar no iglú de vidro e indicando os principais erros que se cometen á hora de depositar esa fracción en dito colector.