Catro centros educativos participan no concerto para mozos da Sociedade Filarmónica

A actividade será mañá, a partir das 12.30 horas no Auditorio, onde os estudantes poderán escoitar ao barítono Fernando Cisneros e á pianista Alina Artemyeva ▶ O dúo de intérpretes ofrecerá esa mesma tarde un concerto para o público en xeral. Neste caso a entrada custa 18.00 euros

Auditorio de Vilagarcía. DP
photo_camera El Auditorio de Vilagarcía será el lugar donde se celebre el espectáculo. DP

A Sociedade Filarmónica de Vilagarcía organiza mañá, venres 2 de decembro, o primeiro dos concertos destinado especificamente á poboación xuvenil, unha actividade que busca fomentar o coñecemento, o gusto e a afección á música clásica por parte da xuventude. O espectáculo celebrarase no Auditorio a partir das 12.30 horas e estará protagonizado polo barítono mexicano Fernando Cisneros e a pianista Alina Artemyeva, dúo que pola tarde ofrecerá nese mesmo escenario un concerto aberto ao público en xeral.

A esta primeira actividade do programa musical para mozos da SFV asistirán alumnos de catro centro educativos da zona: o colexio San Francisco e os institutos de Carril e o Armando Cotarelo, de Vilagarcía, e o Francisco Asorey, de Cambados.

A través desta actividade, a mocidade terá a oportunidade de achegarse á música clásica en directo e a través de intérpretes de renome internacional como é neste caso. O dúo internacional interpretará temas de Wargner, Schubert, Mozart ou Moreno Torroba.

Ademais de escoitalos, os estudantes terán a oportunidade de conversar co cantante e coa pianista unha vez rematado o concerto, coa finalidade de que lle pregunten as cuestións que lle susciten curiosidade ou desexen coñecer en relación coa súa profesión e a música en xeral.

Xa pola tarde , e dentro da programación da actual tempada da Filarmónica, o público en xeral poderá gozar das interpretacións de Cisneros e Artemyeva. O concerto comeza ás 20.30 horas e a entrada custa 18 euros. Os socios teñen entrada de balde. As entradas poderán adquirirse a partir das 19.30 horas na billeteira do Auditorio.