SABÍAS QUE...

O Pazo dos Duques de Patiño está situado no centro de Sanxenxo

O pazo, que pertenceu a Baltasar Patiño que foi nomeado Duque no século anterior e que adquiriu o correspondente título polo rei Felipe V en Nápoles, atópase rodeado de pedra e dispón dun patio e capela
Fachada do Pazo dos Duques de Patiño. TURISMO SANXENXO
photo_camera Fachada do Pazo dos Duques de Patiño. TURISMO SANXENXO

Os veciños e veciñas de Sanxenxo, así como os milleiros de turistas que pasan as súas vacacións nesta zona das Rías Baixas, pasean polo centro da cidade e, de súpeto, atópanse cunha edificación que non segue a harmonía arquitectónica do resto de edificios.

Para todas aquelas persoas que, camiñando polo centro de Sanxenxo, se preguntaron a orixe desta particular edificación, deberán saber que se trata do Pazo dos Duques de Patiño que data do século XVII. O pazo, que pertenceu a Baltasar Patiño que foi nomeado Duque no século anterior e que adquiriu o correspondente título polo rei Felipe V en Nápoles, atópase rodeado de pedra e dispón dun patio e capela.

O edificio central está construído sobre unha planta en forma de L, e conta con dúas alturas, o baixo e unha planta superior. Actualmente o pazo pertence á neta do sexto duque de Patiño. A edificicación no seu conxunto está pechada e rodeada nos seus límites por un muro de pedra e a día de hoxe non está aberta ao público.