Ribadumia exercítase e camiña polo Día Mundial da Actividade Física

O Centro de Saúde do municipio organiza, para este mércores, unha Andaina para conmemorar este día
Centro de saúde / Centro de salud de Ribadumia. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Centro de saúde / Centro de salud de Ribadumia. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O vindeiro 5 de abril celébrase o Día Mundial da Actividade Física, e o Centro de Saúde de Ribadumia ten organizada unha andaina para a súa conmemoración e para animar á veciñanza do municipio a manter un estilo de vida activo.

A marcha dará comezo ás 11.00 horas, e sairá desde o Centro de Saúde ata a ponte de Pontearnelas, onde se fará unha pequena parada de avituallamento. Á volta, visitaranse as instalacións do Ximnasio Municipal, así como tamén se falará sobre a boa alimentación, os hábitos saudables, o deporte e o exercicio físico, entre outros consellos sobre saúde. A chegada de novo ao Centro de Saúde está prevista para as 13:00 horas.

Esta actividade está dirixida a todos os veciños e veciñas de Ribadumia, así como para calquera persoa doutro concello. Os interesados en participar pode inscribirse a través do Centro de Saúde, as oficinas municipais ou o Ximnasio Municipal. O único que precisan para anotarse é o seu nome e apelidos, así como un teléfono de contacto.