Ribadumia acolle espectáculos de música, humor, teatro e danza durante a fin de semana

Este venres 21 e o sábado 22 'Compañía Söa' e 'Ibuprofeno Teatro' ofrecerán actuacións artísticas

Mans alzadas durante unha representación teatral. DS
photo_camera Mans alzadas durante unha representación teatral. DS

A Praza do Concello e o Auditorio Municipal de Ribadumia serán escenarios de teatro esta fin de semana. As funcións están destinadas a persoas de todas as idades e gustos artísticos, polo que as familias, os amigos e  os amantes do arte por igual poden desfrutar desta experiencia.

O venres 21 de xullo, ás 22.00 horas, a Compañía Söa interpretará ‘Fogar’ na Praza do Concello, un espectáculo de teatro, música e danza que trata sobre as raíces que non se ven, “as que botamos de menos ou algunha vez tivemos que cortar para poder avanzar”. Este evento promete ser unha experiencia única e enriquecedora para todos os asistentes.

O sábado 22 de xullo, ás 21.00 horas, a compañía Ibuprofeno Teatro ofrecerá a obra ‘O Furancho’, comedia protagonizada por Marián Bañobre e Isabel Risco. No seu Furancho pódese consumir o excedente de viño e gozar dun espazo de comuñón e de complicidade en que o público se empapa coa comedia. Para os que non beben alcol en exceso, tamén teñen o balneario 'Furancho Vitivinícola Rosalía de Castro', onde se ofrecen tratamentos de beleza e saúde baseados na viñoterapia.

Os espectadores serán testemuñas de actuacións e coreografías interpretadas con paixón e entrega por parte dos artistas, que brillarán en cada escena. Ademais, os efectos visuais e sonoros engadirán unha dimensión adicional á experiencia.