O Concello acolle este mércores unha clase gratuíta de meditación e mindfulness

O mércores 26 de outubro, ás 20:30 horas, impartirase no Centro Social de Leiro unha sesión gratuíta de meditación e mindfulness ▶ Esta actividade está incluída entre as ofertadas pola entidade municipal xunto con inglés, alemán, zumba, manualidades, debuxo, pilates, patronaxe, tenis, ioga e moitas máis

Unha muller facendo pilates. PIXABAY
photo_camera Una mujer haciendo yoga. PIXABAY

O Concello de Ribadumia e o Centro de Meditación e Desenvolvemento Integral IMAGÍNATE teñen preparada para este mércores 26 de outubro unha sesión gratuíta de meditación e mindfulness. A clase terá lugar ás 20:30 horas no Centro Social de Leiro.

A meditación e o mindfulness teñen moitos beneficios para a saúde das persoas, e durante esta sesión aprenderanse técnicas para mellorar a concentración, controlar o estrés, mellorar a memoria, a respiración, etc. Con esta sesión, o Concello e o Centro de Meditación e Desenvolvemento Integral IMAGÍNATE queren achegar esta disciplina a todos os veciños e veciñas de Ribadumia, ou de arredores, para que coñezan, en primeira persoa, en que consiste. 

Esta actividade está incluída entre as ofertadas pola entidade municipal xunto con outras como inglés, alemán, zumba, manualidades, debuxo, e moitas máis. O prazo para inscribirse nesta disciplina, ou calquera das expostas anteriormente, continúa aberto para que se poidan inscribir tanto os empadroados no municipio coma os que non o están. Toda esta información pode consultarse nos dípticos informativos que se enviaron aos domicilios de Ribadumia, nas redes sociais ou na páxina web municipal.