Meaño inicia as obras de construción dunha pista de 'pump truck' en Faxín

A futura  instalación está deseñada para o divertimento de profesionais e afeccionados dos deportes de táboas
Meaño pump track
photo_camera Inicio das obras para a pista de 'pump track'. DS

O Concello de Meaño inicia as obras de construción dunha pista de 'pump truck' en Faxín, en Dena, cun orzamento de 49.000 euros. O 'pump track' é un circuíto formado por curvas estreitas e desniveles de diferentes alturas. Alí poden divertirse profesionais e afeccionados aos deportes de táboas. Está deseñado para andar en monopatín, patinetes, patinaxe e tamén andar en bicicleta.

Trátase dunha pista que terá sobre cen metros de longo por dous de ancho e que está situada nunha zona de lecer, en Faxin, prácticamente no núcleo urbano de Dena, con fácil accesibilidade e aparcamento.

"A nosa idea é combinar unha acción verde coa transformación deste espazo nun circuíto seguro pensado para ser utilizado tanto por nenos como por adultos", detalla o alcalde, Carlos Viéitez.