Adxudicado o equipamento de la futura área de Esterilización do Hospital do Salnés

A inversión total da Administración na nova área de esterilización -xa cos importes finais de adxudicación, tanto de obra construtiva coma de equipamento- acada os 1,2 millóns de euros
Hospital Salnés Vilagarcía. SAMUEL CARDALDA
photo_camera Hospital do Salnés Vilagarcía. SAMUEL CARDALDA

 A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde, vénde adxudicar o equipamento para a futura nova área de Esterilización do Hospital do Salnés, cun investimento de 469.200 euros á empresa Antonio Matachana S. A. Cómpre sinalar que a inversión total da Administración na nova área de esterilización do hospital arousán -xa cos importes finais de adxudicación, tanto de obra construtiva coma de equipamento- acada os 1,2 millóns de euros.

Este proxecto está a executar a construcción dunha nova unidade de Esterilización que duplicará a superficie actual adicada a estes procesos médicos e á adaptación da capacidade do bloque cirúrxico do hospital arousán tras a súa anterior ampliación de espazos e carteira de servizos.

Dita obra e o equipamento fináncianse co Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020 con fondos React-UE, coma parte da resposta da Unión Europea á pandemia de COVID-19. Esta contratación potencia a cobertura sanitaria á poboación do Distrito Sanitario de O Salnés, coa adquisición do equipamento integral que conformará a nova central de esterilización que prestará servizo ao novo bloque cirúrxico e ao resto de unidades asistenciais que así o requiran.


Na actualidade, a nova área de Esterilización do Hospital do Salnés está a executarse nun andar inferior e na vertical do bloque cirúrxico, con comunicación directa mediante senllos ascensores. Deste xeito, estáse a renovar completamente o equipamento do actual servizo de Esterilización para incorporar novas estacións de lavados, de sellados e empaquetados, termodesinfectadoras, esterilizadores de última xeneración, sistemas de monitorización e de trazabilidade, cabinas de retorno, carros manuais e eléctricos de transporte, mesas de traballo e recepción de instrumental, estanterías etc.
 



Deste xeito, o novo equipamento vai adaptarse ás novas esixencias de ergonomía, calidade do proceso e rastrexabilidade, seguridade e fiabilidade, así como ao aumento da demanda de material esterilizado no hospital arousán.

Para o dimensionamiento desta nova Unidade realizouse un estudo partindo dos datos de actividade do Hospital do Salnés e a súa previsión de crecemento no medio e longo prazo.
 

Operativa a principios do vindeiro 2023

Esta nova área de Esterilización no centro sanitario de Ande-Rubiáns, que o Servizo Galego de Sáude prevé ter operativa a principios do vindeiro ano 2023, vai permitir procesar todo o instrumental, equipamento e accesorios cirúrxicos considerando a proxección de actividade futura do bloque cirúrxico do Hospital. Ademais, disporá de capacidade adicional para procesar o resto do material xerado nas áreas intervencionistas, consultas e gabinetes, Urxencias e similares. 

Tamén contará cun maior grao de informatización e capacidade para integrarse no sistema en rede de xestión integral dos procesos desenvolvidos polo Servizo de Esterilización dispoñibles no resto de hospitais da Área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés.