O Concello de Vilagarcía abre a inscrición da carreira nocturna do 29 de xullo

Os interesados en participar na XIX edición da proba poden anotarse dende este venres ata as 23.59 horas do 27 de xullo
DAVID HQR. IMPORTANTE. ATLETISMO. URBAN TRAIL NIGHT PONTEVEDRA. MUCHAS FOTOS DIFERENTES PARA HACER UNA DOBLE. SALEN DE LA ILLA DAS ESCULTURAS Y LLEGAN A LA PLAZA DE TOROS. FOTOS DE GRUPO, DE AMBIENTE, DE LOS CORREDORES... LO DE SIEMPRE
photo_camera Imaxe de arquivo dunha carreira nocturna disputada en anos anteriores. Gonzalo García

O Concello de Vilagarcía abriu este venres o plazo de inscrición para a XIX edición da carreira nocturna que se celebrará o sábado 29 de xullo. O evento organizado pola Fundación Municipal de Deportes reúne na cidade a corredores de diferentes partes de Galicia e incluso de Portugal. Os interesados en participar poden anotarse na web www.championchipnorte.com ata as 23.59 horas do 27 de xullo.

A proba contará con diferentes categorías para todos os públicos e os corredores sub 16 poderán participar de balde. No caso da categoría absoluta, os participantes deberán abonar unha cota que ascende a cinco euros, aos que se poderá sumar un euro se desexan alugar o chip de control. A participación nesta categoría limítase ás 350 primeiras inscricións.

A Carreira Nocturna Concello de Vilagarcía é unha proba incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo e estará controlada polo Comité de Xuíces do mesmo organismo. As probas absolutas comezarán as 22.30 horas, mentres que as demais terán o seu inicio dende as 21.00 horas.

A carreira desenvolverase a través de 13 categorías e cinco distancias. Os corredores máis novos, os sub 6, correrán 100 metros e os sub 8 e sub 10, 500. Un quilómetro terán que cubrir os participantes nas categorías sub 12 e sub 14, lonxitude que ascende ata os 1.800 metros para os sub 16.

Os corredores que se inscriban na proba absoluta (sub 18, sub 20, sub 23, sénior, máster A, B e C) terán que realizar un percorrido de 10 quilómetros polo circuíto disposto con inicio e final na avenida da Mariña. Nesta ubicación entregaranse os diferentes trofeos, recoñecementos e medallas.