Ravella ofrece formación sobre imaxe de negocio e atención ao cliente aos praceiros

Unha empresa especializada impartirá os cursos que se desenvolverán esta semana na propia sala de abastos e en horario de tarde
(_LO_9143.JPG) PLAZA DE ABASTOS VILAGARCIA Reportaje ambiente video y varias fotos Habla conmigo
photo_camera Praza de Abastos de Vilagarcía. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Trinta vendedores da Praza de Abastos de Vilagarcía participarán nas dúas accións formativas ofertadas pola Concellería de Promoción Económica co obxectivo de continuar avanzando nas estratexias de calidade do mercado público. Os cursos versarán sobre Imaxe de negocio e presentación de produtos e sobre Atención ao cliente, e serán impartidos por unha empresa especializada nas propias dependencias de abastos. As actividades comezan na tarde desde luns e desenvolveranse ata o xoves no espazo multifuncional do primeiro andar.

As sesións formativas fináncianse coa subvención que o Concello de Vilagarcía obtivo a través da rede de Mercados Excelentes de Galicia -da que forma parte a Praza de Vilagarcía- que concede a Consellería de Economía, Industria e Innovación. Esta acción en concreto ten como obxectivo que os vendedores da Praza adquiran e desenvolvan capacidades para conseguir mellores resultados de negocio a través das técnicas de visual merchandising, de presentación visual do negocio en xeral, e dos produtos que ofrecen en particular. Tamén se lles proporcionarán coñecementos e habilidades coas que prestar unha atención ao cliente excepcional e aquelas mediante as que solucionar de xeito eficaz os problemas que se poidan presentar no trato cos compradores.

Trátase de avanzar na profesionalización e calidade do colectivo de praceiros e de propo rcionarlles as ferramentas necesarias para continuar evolucionando conforme aos novos tempos e aos requisitos que leva o selo de Mercado Excelente que ostenta a Praza de Abastos de Vilagarcía dende hai máis de un ano.

A esta iniciativa súmase as melloras de mantemento e conservación das instalacións levadas a cabo recentemente e que tamén se financiaron coas axudas da rede de Mercados Excelentes de Galicia. Os traballos consistiron no repintado interior das dependencias, reposición de falso teitos nos aseos, substitución de vidros e na revisión e limpeza dos canlóns de desaugue do tellado.