A Policía Nacional e o Concello de Vilagarcía convocan unha charla sobre ciberseguridade para maiores

A iniciativa desenvolverase o vindeiro martes, día 29, no auditorio e será impartida por axentes de Participación Cidadá e do Grupo Cyber

Concello de Vilagarcía de Arousa. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Concello de Vilagarcía de Arousa. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

A Policía Nacional, en colaboración co Concello de Vilagarcía, vén de convocar para o vindeiro martes, día 29, ás 19:00 horas, na sala de conferencias do auditorio, unha charla sobre a ciberseguridade dirixida especialmente ás persoas maiores de 60 anos na que a entrada é, por suposto, libre e gratuíta.

Para os corpos de seguridade, este colectivo, por regra xeral, descoñece os modos, formas e procedementos a través de internet, de xeito que non verdadeiramente conscientes dos perigos potenciais de determinadas formas de proceder na rede. Neste caso, a charla centrarase na información e c oncienciación no uso das novas tecnoloxías na actividade comercial e, polo tanto, ademais dos clientes, tamén se dirixe aos propios comerciantes.

A Policía Nacional argumenta que na súa experiencia laboral diaria teñen observado distintos tipos de estafa sobre establecementos comerciais e empresas caracterizadas pola la relativa simplicidade dos feitos, polo que a prevención preséntase como unha das ferramentas fundamentais e máis eficaces para combater esta actividade ilícita.

A charla será impartida por axentes das delegación de Participación Cidadá e do Grupo Cyber da Policía Xudicial. O concello colabora, ademais de dispoñer do local e de toda a intendencia de medios e persoal, contactando coas asociacións e colectivos cidadáns que poden ser vítimas potencias de este tipo de delitos.