Medio Ambiente inicia a renovación dos xogos do parque de Celso Emilio Ferreiro

O investimento é de 18.000 euros só en materiais
Obras en el parque Celso Emilio Ferreiro. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Os traballos de desmontaxe iniciaron este xoves. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Operarios do servizo de Medio Ambiente do Concello iniciaron este xoves a desmontaxe dos xogos existentes no céntrico parque de Celso Emilio Ferreiro para proceder á súa renovación integral. So a compra dos oitos elementos supuxeron un investimento de 17.984 euros. Foron subministrados pola empresa Lappset, unha das referentes internacionais dos xogos infantís para parques e zonas de ocio. Da súa instalación encarganse os propios operarios municipais.

En concreto, os elementos que se van instalar nos vindeiros días son un xogo de trepa de redes (que "consume" máis dun terzo presuposto total, 6.800 euros), unha torre activa con tobogán, barra de bombeiros e escaladas, dous arrandeado iros dobres, un asento de randeeira de plano vermello, un circuíto de equilibrio e bancos, un resorte alce e outro asento de seguridade.

O investimento forma parte do programa que vén desenvolvendo a concellería de Medioambiente, que dirixe Diego García, de mantemento ou renovación, cando procede e hai dispoñibilidade económica suficiente, de todos os parques de ocio que hai no municipio, que afortunadamente son numerosos sumando os das zonas urbanas e os existentes nas parroquias e lugares das zonas periurbanas e rurais.