O Goberno local renovará a maquinaria de outros cinco bombeos de saneamento

A Xunta de Goberno aprobou este luns a adquisición dos sistemas nos que se invisten 14.500 euros
O edificio do Concello de Vilagarcía de Arousa. DS
photo_camera O edificio do Concello de Vilagarcía de Arousa. DS

O Concello de Vilagarcía xa ten programada a seguinte actuación para continuar renovando a maquinaria dos pozos de bombeo do saneamento de augas residuais, no marco do plan continuado de mantemento que se leva a cabo para garantir o adecuado funcionamento do servizo municipal. Cun investimento de 14.530 euros, a Xunta de Goberno Local acordou hoxe adquirir novos equipos para as instalacións de Castroagudín, A Concha, Loenzo e as de Río e A Fonte, en Cea.

A previsión é que os traballos se substitución das vellas bombas polas novas se leve a cabo a partir de finais do mes de xaneiro, unha vez que o Concello reciba o subministro dos equipos que se acordou adquirir.

A renovación da maquinaria lévase a cabo de forma permanente ao longo de todo o ano co obxectivo de que todos os bombeos do municipio se manteñan nas condicións óptimas que garantan o correcto funcionamento, xa que as bombas sofren desgaste e vanse deteriorando co uso continuado dando pé a avarías. Precisamente, isto é o que se pretende evitar coa substitución dos sistemas cando se vai achegando o final da súa vida útil. Este plan de renovación vai rotando por todas as estacións de bombeo existentes no municipio.