O Goberno local aproba por 80.000 euros o asfaltado da rúa Canto, en Sobrán

A intervención mellorará un tramo de 286m do vial, entre os cruces coas rúas Escola de Canto e Corgo, deixando un vial de 7,1m de ancho
Lino Mouriño e Alberto Varela durante á visita á rúa Canto, en Sobrán, Vilagarcía. DS.jpg
photo_camera Lino Mouriño e Alberto Varela durante á visita á rúa Canto, en Sobrán, Vilagarcía. DS.jpg

A rúa Canto, en Sobrán, recirá unha reforma integral logo de que o Goberno local de Vilagarcía aprobara unha inversión de 80.000 euros para a mellora doutro dos camiños rurais do municipio.

A intervención na rúa Canto foi consensuada cos veciños e, ao igual que no caso da rúa Xiabre, en Guillán, cuxas obras están a piques de rematar, a do Canto contará cunha achega da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).

Na actualidade, o vial conta cun ancho variable que vai dos 4,7 metros aos 10. Coa actuación prevista, a anchura media será de sete metros, o que repercutirá nunha mellor seguridade, xa que o camiño ten unha intensidade de tráfico considerable. Sen embargo, o seu estado non é máis doado, explican dende o ente local, xa que a capa de rodadura está deteriorada e no final da súa vida útil, con fendas e fochancas e, nalgúns tramos, cunha rede de drenaxe que é moi antiga e pouco eficaz.

Todo iso vai cambiar radicalmente. En primeiro lugar, será fresado todo o vial, de preto de 300 metros. Despois, renovarase o sistema de drenaxe, que inclúe a reposición de tapas, e finalmente estenderase unha nova capa de rodadura cun espesor de 6 centímetros. A actuación ten un prazo de execución de tres meses.