VIDA SALNÉS

Catuxa Salom: “Eu son un remix de moitas culturas”

Ser a atención dos demáis levouna a dar os seus primeiros pasos no mundo da canción ▶ Na actualidade atópase nun momento "moi de investigación"
photo_camera Catuxa Salom para Vida Salnés. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
A miña historia
Chámome Catalina e agora vivo nunha aldeíña de Lugo. Vivín moitísimos anos en Madrid e viaxei moito polo mundo. Sempre durante a miña vida estiven relacionada co mundo das artes. Desde os 14 anos en compañías de teatro, estudei teatro en Madrid, e toquei moito na rúa. Nacín en Vigo pero crieime en Vilagarcía. Cando os meus pais emigraron desde Arxentina acabaron primeiro en Ribeira e de aí viñeron a Vilagarcía. Da miña infancia lembro que a escola non me gustaba nada e o meu escape sempre foi o teatro e a música. Íamos todos os anos a Arxentina a visitar á familia. Aquí era inverno pero alí era verán, e ter dous veráns ao ano na túa vida era la gloria. Meu pai é de La Rioja (Arxentina) e miña nai é de Córdoba, de Morteros, un pueblito límite coa provincia de Santa Fe. 

E os teu pais non teñen raíz galega?
Ningunha, teñen raíz italiana.  

E a túa paixón por actuar?
A familia sempre me facía cantar. Primeiro gústache ser a atención dos demais e logo empezas a afondar niso e ao interpretar outras personaxes encontras máis vida.

A primeira vez que subiches a un escenario?
Eu creo que tiña 7 anos en Canarias, subín a cantar unha canción. Desde os 14 anos en compañías de teatro e aos 20 anos empecei a tocar na rúa. 

E que dicían os teu pais?
No meu caso sempre foi: “tu haz lo que te haga feliz”. 

E desde cando te sintes artista?
Non sei. Supoño que desde hai dous anos que todos os meus ingresos veñen da miña creatividade. 

É dificil?
Para min sempre foi fácil. Ningunha profesión é facil, todas teñen subidas e baixadas, pero no meu caso sempre tiven moitísima sorte. Na rúa é onde máis aprendes. 

Onde te atopas artisticamente?
Pois nun punto moi de investigación. Non me vexo toda a vida cantando como Catuxa Salom. Se un día me fai máis feliz ter unha granxa con vacas e ter leite e iogurt pois será iso, pero agora mesmo é así.

Pero ti xa marchaches ao campo.
Si. Primeiro fomos á Pontenova que está como a 30 quilómetros de Ribadeo e agora estou en Palas de Rei. 

E cantos sodes?
Na miña aldea, en Curbián? Eu creo que seremos 14 veciñas, pero Palas de Rei terá uns tres mil habitantes e como pasa o Camiño de Santiago, a xente está moi afeita a ver cousas moi diferentes. 

Entón o teu é unha maneira de vivir.
Si, é unha investigación continua. O outro dia estaba paseando a cadela e tiven unha conversación un ratiño cunha señora que ten 20 vacas e estaba súper amargada porque está chovendo moito e unha vaca pariu e quitáronlle o terneiro, e a vaca quere estar co terneiro, pero ten que pastar e a señora estaba no seu mundo e eu dixen: aquí hai unha canción! 

Canto tardas en compoñer?
48 horas, procuro que o que saia, que saia. Non me gusta volver para atrás. Normalmente o que vai escrito queda escrito.

E o teu proxecto musical?
A dia de hoxe é un proxecto totalmente independente, no sentido de que produzo eu, é dicir, son eu a que pon o diñeiro para absolutamente todo, non teño unha discográfica detrás. E iso ten as dúas cousas: por un lado pagas ti todo, pero polo outro vai ser teu para sempre.

A túa identidade artística?
Ás veces teño medo porque sei que non son “galega”, como as Tanxugueiras, Dios! No se puede ser más gallega! No bonito da esencia. E eu non teño eso. Eu ao final son un remix de moitas culturas. Escoitei máis folk italiano tradicional do norte de Torino que de Galicia antes de meterme a vivir no rural. Pero logo vas aos concertos e todo o mundo ten familia na Arxentina!

Cóntame o teu proxecto en menos dun minuto.
Que nervios! A ver. Eu son Catuxa Salom, unha fusión entre as miñas raíces arxentinas e as galegas cun envoltorio electrónico, onde o obxectivo desta música é que a xente disfrute, desconecte e á vez conecte moi forte coas súas raíces. 

Nas túas letras hai moita emocionalidade. Fas poesía?
Bueno, din que Bad Bunny é un poeta. Hai tantos poetas como persoas no mundo. Ao final é a túa maneira de interpretar a realidade. Pero esto ven moito da miña influencia arxentina na música. Creo que os arxentinos escriben moi ben. E conectan con esa maneira de transmitir cousas moi profundas. 

E cando fas híbridos e intercalas frases ou coros en galego nunha canción en castelán, que che din?
Polo de agora só cousas boas. Aínda non teño ese “hater”, esas mensaxes de “hater” non as teño aínda; pero recibo moitísimo iso de que á xente a conectas nas cancións e as disfrutan e as bailan. E cantan nos concertos, e cando consigues eso, que máis queres?

Proxecto Vida_Diario do Salnés_Catuxa Salom_Música Compositora
Un dos instrumentos de Catuxa Salom. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Cóntame a túa aventura desde cando tocabas no Rastro de Madrid ata hoxe.
Creo que foron 5-6 anos de banda: catro chicas, contrabaixo, percusión, baixo e guitarra, e catro voces. Tocabamos na rúa. Decidimos facer unha xira por toda Europa e no último bolo en Cataluña nos rouban a furgoneta con todos os instrumentos dentro. Dúas semanas antes de irme para a India me chaman desde Francia porque atoparan a furgoneta, vou a Francia, a furgoneta estaba intacta, non estaban os instrumentos obviamente. Volvo para Madrid, deixo a Furgoneta e vou para a India por tres meses. Cando regreso me invitan a irme da banda e eu vou traballar a Francia. Logo, en Sri Lanka coñecemos a unha chica que traballa en California e de Francia vamos a traballar a California coa que daquela era a miña parella. En California traballamos na marihuana “cortándole las hojitas” durante seis meses, compramos unha autocaravana e fixemos a 101 desde Oregón ata San Diego. Nos estalla el motor en San Diego, la vendemos, cruzamos la frontera con el “coyote”. Ese día estamos en la playa y hay un chino en una fuente y me dice que a él y a su familia les acaban de decir que hay una pandemia y que no pueden volver a China. De México volvemos a España. En el segundo año de la pandemia me digo que en Madrid no pinto nada. Me compro un looper y ahi comienza el proyecto de Catuxa Salom, coa canción Mulleres piratas na pandemia. E vou vivir a unha aldea. E así foi como empeza Catuxa Salom.

Os cambios chegan por algo...
Claro, despois de moitos anos de interiorizalo... xa había sinais. O da furgoneta xa era un sinal moi claro, pero moitas veces non o queres ver. Non tes a suficiente autoestima para crer que ti soa podes levar un proxecto. 

Hai que saber ler os sinais?
Hai que saber lelo. Bueno, unha astróloga mo dixo. Eu estaba en Madrid aínda e unha astróloga me dijo que me iba a ir mucho mejor en la vida si me iba a Galicia. Me dijo: si te vas a Galicia vas a estar cerca de tus padres, a tus padres energéticamente les sienta bien porque son emigrantes y están solos y a ti te acomoda para que tu proyecto ande. Y tal cual.

Entón estás en Galicia por unha astróloga. Ti cres niso?
Moitas veces si e moitas outras non. Tamén confío moito na miña intuición e ás veces aparecen persoas en momentos da túa vida que che din cousas que dan na clave. 

Que é iso de ser muller? 
Te toca. Non é un problema, pero moitas veces hai que demostrar máis do normal que vales. Na miña profesión o noto moito. Parece como que todo o rato tes que demostrar a túa validez. Pero tamén considero que na industria musical o máis potente son as mulleres.

Catuxa Salom é unha música independente?
Si claro. Compositora independente. Pagadora independente. 

Cal é o prezo a pagar pola independencia?
O prezo a pagar é que non tes unha discográfica detrás, non tes unhas asesorías, tes que desarrollar moita capacidade de por onde ir. 

Con quen traballas nos videos?
Traballo moito con Terral Estudio, traballo con Pedro E. Semedo que é un amigo portugués, e o último, Xa non vés, é con Javi un veciño da Pontenova que é deseñador gráfico, foi director creativo de google en Tokio, a súa muller é tailandesa, cansaron de Tokio e viñeron para Lugo e era o meu veciño. Unha máquina!

Onde te ves de aquí a 5 anos?
Véxome en xiras promocionais moi potentes, por Francia, por Alemania, por Estados Unidos, en Asia pode haber un mercado moi chulo para a miña música. 

Cal é o teu ambiente musical en Galicia?
Son profe de canto nunha escola de música en Monterroso, en Palas de Rei, e alí son todos músicos. 

E os teus referentes agora?
Rosalía, Nathy Peluso, Fat Freddy’s Drop, e escoito moitísimo a Stromae.

Como son os do Salnés?
É xente mariñeira, moi creativa, artística, nostalxica, e cun mundo interior moi grande pero que lle custa un pouco expresalo.

E ti?
Defínome como unha persoa moi normal, que intenta estar no mundo coa maior tranquilidade posible.

TEST DE VIDA

Unha palabra?
Amor.
Un lugar?
Argentina.
Unha persoa?
José Luiz Oubiña.
Unha personaxe?
Nathy Peluso.
Alguén importante?
Miña nai, Laura Ana Nunia.
Un obxecto? Unha cousa?
A miña guitarra.
Unha ferramenta?
Martillo.
Alguén imprescindible?
Meu pai, Jorge Antonio.
Que é a vida?
A vida é o que pasa cando non te das de conta de que está pasando.