Contaconcos, música, cocina e visita do paxe real nas últimas xornadas da Aldea de Nadal

Os elfos percorrerán este xoves o centro da cidade para repartir paraugas da campaña Son da Casa! dentro das actividades de dinamización comercial 
Aldea de Nadal de Vilagarcía. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Aldea de Nadal de Vilagarcía. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

A Aldea de Nadal instalada na Praza da Independencia despídese o venres de Vilagarcía. Pero antes, aínda quedan moitas actividades que celebrar. Entre este mércores e o venres o poboado navideño organizado pola Concellería de Promoción Económica acollerá unha sesión de contacontos, actuacións musicais, actividades de animación, un obradoiro de cociña en inglés e a visita do Paxe Real. Ademais, os elfos farán a súa presenza todos os días para continuar divertindo aos presentes e incluso dinamizar a actividade comercial repartindo paraugas da campaña Son da Casa!

As actividades previstas para a tarde deste mércores comezan ás 17.00 horas cos obradoiros e animación de rúa a cargo dos elfos da compañía Nelsos Quinteiro. E ás 18.30, baixo a carpa de actividades, Caxoto agasallará aos presentes cos seus Contos de Paxe dos Reis Magos.

O xoves, a Aldea de Nadal contará con actividades todo o día. A partir das 11 da mañá os elfós de Nelson Quinteiro farán un pasarrúas polo centro da cidade repartindo paraugas da campaña municipal Son da Casa! entre os clientes do pequeno comercio. E ás 12.30 trasladaranse de novo á Praza da Independencia para realizar unha actuación musical. Ese mesmo día pola tarde, a partir das 17.00 horas, haberá máis actividades lúdicas e de animaci ón comercial a cargo dos elfos na Independencia e, ás 18.30 o concerto de Cé Orquestra Pantasma.

Little Chef

Á axenda do xoves súmase o obradoiro de cociña en inglés Little Chef, que impartirá a partir das 19.15 horas o centro Kisd&Us e que está destinado a nenos e nenas de 3 a 10 anos. O obxectivo desta actividade é que cativos experimenten coa comida, proben novos sabores e descubran que cociñar tamén é unha actividade creativa e divertida. E todo á vez que interiorizan vocabulario e expresións do mundo culinario en inglés. Como todas as actividades da Aldea de Nadal, a participación é de balde. Só é preciso que os interesados se inscriban previamente a través do seguinte enlace e que acudan acompañados dunha persoa adulta.

E o venres, a Aldea de Nadal recibirá ás 12.30 horas a visita do Paxe Real, que recollerá as cartas que os nenos e nenas queiran remitir aos Reis Magos.