O Concello adxudica o arranxo da cuberta da casa da cultura do Borrizos por 5.300 euros

As obras, que se levarán a cabo en Cornazo, teñen un custe de 5.300 euros e serán executadas pola firma Reformas Trébol
Reunión do executivo coa veciñanza de Cornazo en Vilagarcía. DS
photo_camera Unha reunión pasado do executivo coa veciñanza de Cornazo. DS

A Xunta de Goberno Local aprobou na reunión celebrada este luns unha nova actuación do plan de mantemento e mellora dos centros socio culturais do municipio. Trátase do arranxo da cuberta da casa de cultura dos Borrizos, unha actuación que fora solicitada pola veciñanza nunha reunión celebrada co goberno local no mes de outubro e que se acometerá nas vindeiras semanas. A obra ten un orzamento de 5.300 euros e foi adxudicada á empresa Reformas Trébol.

Tras unha inspección ao edificio, detectouse que as filtracións de auga e humidades que se rexistraban cando chovía debíanse ao desprazamento das tellas e á rotura da lima do tellado en varios puntos. Ademais, os canelóns atopábanse obstruídos e rotos en distintas zonas. En consecuencia, os traballos contratados centraranse en resolver estas deficiencias e consistirán na aplicación de líquido na tella, en cortalas sobre as limas e en reparar estas con tela de PVC. Tamén se corrixirá o desprazamento de tellas en toda a superficie da cuberta e se limparán e selarán os canlóns de recollida de pluviais.

A actuación na casa de cultura de Cornazo súmase ás outras medidas que está a levar a cabo o Concello para garantir a conservación dos centros culturais e veciñais, tanto nos de titularidade pública, como nos privados, co obxecto de facilitar o desenvolvemento de actividades sociais, lúdicas e culturais e contribuír á dinamización das distintas contornas. Nos primeiros, as obras fainas di rectamente persoal municipal ou se contratan a unha empresa. No caso de instalacións privadas, a colaboración municipal faise a través da sinatura de convenios. Así foi no caso do Gato Negro, do centro cultural do Sixto ou, ou máis recentemente, no local de Contra Vento e Marea, na Laxe, instalacións nas que se vén de acometer diferentes actuacións para resolver deficiencias ou realizar melloras grazas ao financiamento aportado pola administración local.