A Batukada inclusiva 'Iguatuke' arrancará a 'Festa da risa'

Ás 12.30 horas  deste xoves tomará o relevo o grupo Péde2 coa performance Homem Banda
Truco de maxia do mago Teto durante a novena edición do Festaclown en Vilagarcía. DS
photo_camera Truco de maxia do mago Teto durante a novena edición do Festaclown en Vilagarcía. DS

O Festival Internacional de Clown de Vilagarcía, Festaclown arranca este xoves, 10 de agosto, cunha xornada no que a música, o humor, o divertimento e a inclusión danse a man a modo de avance do que se deparará a "gran festa da risa" nos vindeiros días. Con Eles, xunto cos da Fundación Igualarte, serán os encargador de inaugurar o evento cunha batukada que percorrerá as rúas de Vilagarcía de Arousa. A este día sumáse o espectáculo Homem Banda que a compañía Péde2 porá en escena en diversas sesións de mañá e tarde. 

Iguatuke é o título da batukada inclusiva promovida pola Fundación Igualarte e na que, a partir das 11.00 horas, participarán usuarios da asociación Vilagarciá Con Eles. O espectáculo encherá as rúas da cidade de enerxía, ritmos de percusión e diversión cunha mensaxe de igualdade e inclusión baseada na premisa "A arte é un dereito que nos pertence a todos". Con esta filosofía naceu en 2002 Igualarte, entidade cuxo obxectivo é que as persoas con diversidade funcional poidan expresarse de maneira artística a través da iniciativa Diversidarte.

Ás 12.30 tomará o relevo o grupo Péde2, integrado por Mariana Ferreira e Mauro Bruza. O dúo leva dende o ano 2008 creando espectáculos inspirados pola arte do pallaso, o circo, o teatro, a música e as risas do público. En Homem Banda un só home convérte se en toda unha banda de música na que acordeóns, pratos, bombos e máis soan á vez nun espectáculo cheo de ritmo. O orixinal pasarrúas terá un segundo pase a partir das 19.30 horas.