Rueda anuncia en Vilagarcía unha 'cota cero' para autónomos durante o primeiro ano

A axuda consiste en entregarlle a un autónomo que emprenda durante o 2024 o equivalente ás cotas do primeiro ano
Elena Rivo e Alfonso Rueda na chegada ao Centro Dalle Que Dalle Innovación Social. GONZALO GARCÍA
photo_camera Elena Rivo e Alfonso Rueda na súa chegada ao Centro Dalle Que Dalle Innovación Social de Vilagarcía. GONZALO GARCÍA

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, visitou na mañá deste luns o concello de Vilagarcía para presidir a reunión da Mesa de Emprego Autónomo celebrada no Centro Dalle Que Dalle Innovación Social, e na que estivo acompañado pola conselleira de Promoción de Emprego e Igualdade, Elena Rivo, e por diversos representantes das asociacións de autónomos da comunidade.

Durante a xuntanza, anunciou unha nova medida para impulsar o emprendemento autónomo, dentro dos orzamentos do ano 2024. Trátase da denominada Cota cero para autónomos, que consiste en entregarlle a un autónomo que emprenda a partir do ano 2024, o equivalente ás cotas que ten que pagar durante o primeiro ano, sobre 960 euros, dos que se faria cargo a Xunta. "Esta é unha medida coa que queremos que os que xa están emprendendo o sigan facendo, e sobre todo que se incorpore sabia nova a este tecido" explicou Rueda.

Isto engádese a outras medidas que o ente autonómico incluirá nos presupostos do vindeiro ano 2024, como a de duplicar o presuposto para gastos da primeira actividade de autónomos, no que se pasará de "non chegar a 10 millóns de euros a estar preto dos 20 millóns ás axudas para os autónomos que empezan".

Así, Rueda afirmou que un autónomo que emprenda por primera vez en Galicia pode chegar a unha axuda duns 8.600 euros. "É unha axuda importante que supón case 45 millóns de euros que a Xunta de Galicia vai adicar o ano que ven ao emprego autónomo con estas dúas axudas, a da Cuota cero e duplicar as medidas para gastos de primeira actividade"

O mandatario autonómico destacou que Galicia atópase case catro puntos por riba da media nacional de emprego autonomo. "O que queremos é acertar, e para iso temos que escoitar aos que emprenden en Galicia. Creo que estas axudas van funcionar, e son necesarias". Finalizou a súa visita ás instalacións do Centro Dalle Que Dalle agradecendo ás asociacións participantes na xuntanza, pois "son as que nos din por onde teñen que ir as ayudas publicas".

O albergue de Carril, á espera dos arranxos

A presencia de Alfonso Rueda no municipio vilagarcián serviu para coñecer a situación na que se atopa o albergue de peregrinos de Carril. Tras a petición do Concello de Vilagarcía de incluir este establecemento dentro da Rede de Albergues da Xunta, o presidente volveu insistir en que o paso necesario para este trámite pasa por arranxar as deficiencias do lugar.. "Estiveron novamente os técnicos da Xunta visitando o albergue, fixeron un informe sobre os danos que eles constataron que existían, e se lle mandou ao Concello, segundo me din, a finais de setembro", explica Rueda, que sinala que polo de agora non recibiron contestación por escrito por parte de Ravella.

Un alberque que, tal e como informou o presidente, se fixo pensando que o ía asumir a Xunta pero "sen estar en contacto en ningún momento connosco para as indicacións e a construción". Aínda así, confirmou que o ente autonómico está disposto a "asumilo, a metelo na Rede, a asumir a súa xestión, pero ten que estar en condicións". 

O Concello sabe cales son as deficiencias que, en opinión dos técnicos, habería que corrixir para que ese albergue, se vai estar na Rede da Xunta, "estea nas mesmas condicións nas que están o resto de albergues" argumenta. Unha vez solucionadas esas deficicencias, "a Xunta asumirá a súa xestión". "Se tivéramos maior participación durante a súa construción, ao mellor sería máis fácil".

O mandatario autonómico márcase de prazo marzo do vindeiro ano, época de maior número de chegada de peregrinos, para resolver a situación. "Descoñezo o tempo que levaría arranxar esas deficiencias, que polo que teño entendido non son moi custosas, pero canto antes empezaramos, supoño que moitísimo mellor. O que me gustaría é,  se finalmente o podemos asumir, que para a tempada de máis chegada de peregrinos ese albergue xa puidera estar funcionando", sentenciou.