Os accesos a Guillán veranse alterados por obras na rúa Mulatas

Os traballos de fresado e posterior asfaltado se van levar a cabo o lunes e o martes
Policía Local de Vilagarcía. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Policía Local de Vilagarcía. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Os traballos de fresado e posterior asfaltado que se van levar a cabo na rúa Mulatas o luns 18 e o martes 19 de decembro, obrigan a alterar a circulación rodada na contorna da capela de San Xosé, afectando ás vías de entrada e saída cara Guillán. A Policía Local informa de que os vehículos procedentes desta zona poderán incorporarse á avenida Rosalía de Castro pola rúa San Xosé, que debido á ocupación de parte da vía con maquinaria, só terá sentido de saída. E para acceder a Guillán, os coches deberán tomar a rúa Concepción Arenal. Os cambios sinalizaranse nas interseccións, onde será preciso a retirada de vehículos estacionados para facilitar o paso do transporte público.

Para executar as obras, a rúa Mulata queda completamente pechada dende a súa intersección coa rúa A Concha, que consecuentemente cambia de sentido.

As obras de urbanización da contorna de Villa Güimil corren a cargo da promotora dos edificios. A empresa Bespi, que executa os traballos, porá sinalización circunstancial nas rúas e informará aos residentes da zona mediante a colocación de avisos.