Xunta e Deputación destacan o papel esencial dos autónomos na xeración da riqueza

Alfonso Villares e Luis López participaron no XIII Congreso das Persoas Autónomas de Galicia
20231216_Jcervera_113
photo_camera Sanxenxo acolleu este sábado o Congreso das Persoas Autónomas de Galicia. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Sanxenxo acolleu o XIII Congreso das Persoas Autónomas de Galicia, organizado pola Asociación de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia (APE-Galicia), coa presencia de representantes das principais administraciones. Entre eles o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, que sinalou o importante papel das persoas autónomas na economía de Galicia e a súa contribución esencial no crecemento económico e social sendo á vez un motor de innovación permanente e axentes de cambio.

O titular de Mar realizou estas manifestacións acompañado polo secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández e pola secretaria xeral de Igualdade, Sandra Vázquez.

20231216_Jcervera_109
Asistentes ao Congeso das Persoas Autonómas de Galicia celebrado en Sanxenxo. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Alfonso Villares puxo de relevo o compromiso do Goberno galego cos 214.000 profesionais autónomos que hai de alta na comunidade como o demostra o desenvolvemento da Axenda Impulso Autónomo Horizonte 2027 que conta cun orzamento de máis de 360 millóns de euros. Tamén recordou a posta en marcha da cota cero para as novas altas desde o pasado 30 de setembro que, sumado ao reforzo do programa de promoción do emprego autónomo xa existente, elevará ata os 29 millóns de euros os apoios para os traballadores por conta propia que inicien a súa actividade.

Grazas a estas políticas Galicia é a comunidade con maior peso dos autónomos no conxunto das afiliacións alcanzando o 20 %, é a segunda con maior porcentaxe de autónomas e tamén referente na consolidación do emprego xa que 7 de cada 10 autónomos galegos leva máis de 3 anos co seu proxecto en marcha.

Tamén estivo na cita o rexedor provincial, Luis López, que remarcou a importancia da Deputación para favorecer o emprendemento na provincia. “A razón que nos trae aquí é recoñecer o labor das persoas autónomas, mulleres e homes que un día decidiron arriscar o seu tempo e patrimonio para xerar riqueza, traballadoras e traballadores que levantan cada día co seu esforzo esta terra e persoas que comparten coa Deputación de Pontevedra, o compromiso para construír unha provincia con futuro”, afirmou o presidente.

Mesas do Congreso das Persoas Autónomas de Galicia celebrado este sábado en Sanxenxo. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Mesas do Congreso das Persoas Autónomas de Galicia celebrado este sábado en Sanxenxo. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

No evento celebrado no Hotel Carlos I Silgar de Sanxenxo, o máximo responsable da administración provincial estivo compañado polo vicepresidente segundo e responsable da área de Promoción Económica, Rafa Domínguez.