Sanxenxo cancela os xogos tradicionais en Silgar e traslada a festa infantil pola choiva

Durante a tarde deste xoves actuarán no Auditorio Emilia Pardo Bazán 'Charo Pita e a Familia Papaventos', 'Trotaventos, a fiestra dos soños' e 'Pablísimo'
Xogos tradicionais en Silgar nunha edición anterior. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Xogos tradicionais en Silgar nunha edición anterior. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

As condicións meteorolóxicas comezan a provocar cambios na programación inicialmente prevista para as festas de Sanxenxo, que se desenvolverán ao longo dos vindeiros días, comezando por este mesmo xoves. Neste sentido, tal e como informaron dende o Goberno local, os xogos tradicionais previstos para a xornada deste xoves na praia de Silgar quedan cancelados.

Por outra banda, a Festa Miúda, que se celebrará durante a tarde, trasládase ao Auditorio Emilia Pardo Bazán a partir das 19.00 horas, onde actuarán Charo Pita e a Familia Papaventos, Trotaventos, a fiestra dos soños e Pablísimo. Agárdase que nas vindeiras horas se produzan outros cambios con respecto ás diferentes localizacións de actos e actividades.