Que temos hoxe para comer nas praias de Sanxenxo?

Mariscos da ría, carnes e diferentes pratos variados, todos eles de calidade, constitúen a oferta gastronómica desta zona sanxenxina
Sanxenxo Playa A LANZADA 17 00 Reportaje con los dueños del chiringuito A Pe de Praia Va Iria Curros desde Vilagarcia  (_LO_8829.JPG)
photo_camera Cócteles que se poden desfrutar nos distintos chiringuitos de Sanxenxo. JOSÉ LUÍZ OUBIÑA

Mentres no resto de España os termómetros marcan cifras de máis de 30 e 35 graos debido á onda de calor, esta zona das Rías Baixas permanece ilesa ás altas temperaturas. Non obstante, aínda que en Sanxenxo haxa o que se coñece como ‘microclima’, o sol, o ceo despexado e a situación xeográfica fan que sexa igualmente posible pasar o día na praia. Para que isto sexa máis cómodo aínda, ao longo das praias da Ría de Pontevedra, numerosos chiringuitos ofrecen refrescos e comida para facer completa a xornada de verán preto do mar.

Se o estómago pide polbo, calamares ou unha tortilla que sexa a especialidade da casa, no mapa hai que apuntar o chiringuito ‘Sunset Canelas’. Na axenda tamén hai que apuntar ‘Terraza Corsario’ para degustar produtos da ría, como navallas, zamburiñas ou sardiñas, entre outras moitas máis opcións.

Para quen non queira nin saír da propia praia, o chiringuito ‘Foxos Beach’ é a opción gañadora. Para quen queira desfrutar dunhas empanadas sabrosas, tamén terá este chiringuito no primeiro posto. Un pouco máis á dereita ‘Merendero Playa La Cueva’ na praia da Lanzada ofrece unha terraza cuberta, así como ‘paella’ por encargo, mariscos e peixes. Para os amantes da carne, o churrasco de cerdo ou tenreira, ou a hamburguesa de boi son algunhas das opcións ás que poden optar no chiringuito ‘Pe na praia’. Por outro lado, para quen estea pola zona de Areas, na propia praia está ‘Chiringuito O Telleiro’ con pratos combinados, zamburiñas, polbo, peixes e arroces.

A calidade, variedade e, sobre todo, comodidade da oferta gastronómica fan de Sanxenxo e as súas praias un lugar pouco doado de deixar ir e esquecer.