Os mellores atardeceres de Sanxenxo están en Gassho

Ao final do parque Punta Vicaño, tras a zona arbórea e infatil, localízase un chiringuito con vistas privilexiadas da Ría de Arousa
(_LO_8323.JPG)  Salnes Reportaxe en Sanxenxo Falar con Alba Moledo15773
photo_camera Entrada do chiringuito Gassho Sanxenxo no Parque Punta Vicaño. JOSÉ LUÍZ OUBIÑA

Sobre a Ría de Pontevedra, entre Portonovo e Sanxenxo, ao final dun parque para os máis pequenos, está Gassho. Coñecido tamén como o chiringuito de Punta Vicaño constitúese como un dos mellores lugares para ver as postas de sol en Sanxenxo.

"Gassho es el saludo oriental, significa bienvenida", responde Carmen, unha das encargadas do local ante a pregunta sobre o significado do nome. Xunto a ela está María e ambas encárganse de xestionar a hostelería do chiringuito. Por unha concesión do concello, Gassho Sanxenxo leva 11 veráns aberto. No lugar onde se localiza non había ningunha estructura e montaron o local dende cero, aproveitando os puntos fortes da zona.

"Nosotros llevamos todos los rangos del día, desde los desayunos, el picoteo y por la tarde tenemos zumitos naturales licuados o cócteles", explica Carmen. "Además de croissants tenemos repostería artesana y damos buenos desayunos", engade María. Ambas comentan que ofrecen bowls de ‘granola’ caseiros ou zumes recén licuados. O horario de verán é de 9.00 a 00.00 horas e permanecen abertos os venres e sábados ata as 2.00 horas. "Tenemos gente local pero que suele venir en épocas menos turíticas", comenta Carmen sobre o tipo de clientes que adoitan ter. "Solemos tener más portugueses e ingleses", engade María.

"Ayer hubo luna llena y tuvimos mesas que vinieron exclusivamente e ver cómo salía la luna llena", declara María. Gassho Sanxenxo é, en definitiva, un punto no que poder desfrutar dun zume de froita natural pero tamén dunhas vistas privilexiadas e únicas da Ría de Pontevedra, dos seus atardeceres e das súas lúas cheas. Ambas encargadas salientan que estudan ofrecer música en directo ao aire libre.