O programa Man a man propón a colaboración interxeracional na xestión farmacoterapéutica

O IES Villalonga de Sanxenxo acolleu a presentación desta proposta que pon sobre a mesa a oportunidade de aunar a xeracións dos os adolescentes nativos dixitais con persoas maiores cunha gran fenda dixital
Presentación do programa piloto Man con man no IES de Vilalonga en Sanxenxo. DP
photo_camera Presentación do programa piloto Man con man no IES de Vilalonga en Sanxenxo. DP

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés presentou a alumnado de 1º e 2º de bacharelato do IES de Vilalonga en Sanxenxo o seu programa piloto Man a man, que propón unha iniciativa interxeracional cun modelo efectivo-afectivo que vincula aos netos e adolescentes coma promotores de acceso na xestión farmacoterapéutica e de saúde dos seus avós (citas médicas, axuda en recollida da medicación, interese polo seu plan de medicación, colaboración na elaboración do “pastillero”) sempre utilizándoo como tempo de calidade, interactuando cos seus maiores.

Dito programa piloto -en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación FP e Universidades e o Concello de Sanxenxo- contou cunha sesión informativa impartida a arredor de 270 alumnos do IES de Vilalonga, onde se lles propuxo a oportunidade de aunar a dúas xeracións, a dos adolescentes nativos dixitais con persoas maiores cunha gran fenda dixital.

Segundo sinalou a promotora e deseñadora desta iniciativa e subdirectora de Prestación Farmacéutica da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, Nuria Iglesias Álvarez “este proxecto xurdiu do reto de achegar aos xóvenes e os seus coñecementos informáticos ás persoas maiores con enfermidades crónicas, onde o uso eficaz e seguro da súa medicación, xunto con outras ferramentas de xestión da súa saúde, son a clave para acadar unha vellez independente e cunha axeitada calidade de vida”.


Traballo en equipo de adolescentes e pacientes crónicos

Man a man promove o traballo en equipo entre adolescentes e pacientes crónicos, que tamén contribúe a diminuír os incidentes relacionados coa seguridade clínica. Así mesmo, aproveita o uso por parte da xuventude das redes sociais coma medio de socialización e entretemento e coma ferramenta para facerlles partícipes dos asuntos domésticos, vencellándolles nas dinámicas familiares e para colaborar cos seus maiores coas mensaxes: “anímate a axudarlles, a coñecelos, atrévete a coidalos como eles coidáronche a ti, atrévete a participar, atrévete a coñecer as pastillas que toman os teus avós”.


Obxectivos complementarios

Así mesmo, este programa piloto quere aumentar a adherencia aos tratamentos, diminuír os atrancos relacionados cos medicamentos e os eventos adversos evitables relacionados coa farmacoterapia. 

Ademáis, pretende aumentar a sustentabilidade ambiental a través da diminución de sobrantes de medicación, aumentando a satisfacción de maiores e adolescentes na experiencia vivida nos seus coidados.

Este proxecto desenvolverase en distintas etapas, a primeira xenera a motivación e adhesión dos adolescentes, en coordinación coa Consellería de Cultura, Educación FP e Universidades, a Concellería de Servizos Sociais e Maiores do Concello de Sanxenxo e os profesionais de Farmacia de Atención Primaria do centro de saúde Baltar, nunha actividade comunitaria destinada á promoción e protección da saúde.

Para iso, elaborouse material audiovisual en formato Instagram, dado que esta ferramenta representa unha oportunidade para lanzar a iniciativa con fin colaborativo e incluso humanitario, que ofrece a posibilidade de formar e empoderar aos adolescentes desde unha perspectiva participativa, que lles involucra na toma de decisións en programas que lles conciernen. 

Os participantes neste programa Man a man tamén poderán facer chegar as súas dúbidas, con comunicación aberta e permanente e unha escoita activa.