Máis de 100 anos de ‘La Terraza Hotel’ de Sanxenxo

A actual, é a cuarta familia que está baixo a dirección da empresa dende que se constituiu a comezos da primeira década do século XX
La Terraza Hotel de Sanxenxo. DS
photo_camera La Terraza Hotel de Sanxenxo. DS

Viaxar lonxe e sentirse como en casa é ao que toda persoa aspira cando viaxa. Foi no ano 1915 cando naceu La Terraza Hotel para conseguir facer sentir como na casa a toda persoa que decidise visitar Sanxenxo. Dentro dun ápice, serán 110 anos os que cumprirá o hotel e que constatarán que o esforzo ten a súa recompensa.

Durante os primeiros anos do século XX, buscouse un lugar no que descansar do traxecto da Toxa a Pontevedra. Con esta pretensión nace La Terraza Hotel. "Una historia
de sol, sal y veraneantes; y de ilusión y trabajo, mucho trabajo", segundo facilitan eles.historia de familia. Era o 5 de xuño cando Francisco e Filomena fundan o hotel. Ademais de dedicarse á hospedaxe de persoas, o edificio tamén foi unha tenda ultramariños, un cine ou oprimeiro surtidor de gasoliña do municipio.

Co fin de materializar o desexo de ofrecer hospedaxe ás persoas que viñan da Toxa, a súa localización na estrada de Pontevedra ao Grove, permitiu acadalo máis doadamente. Por outro lado, a súa situación xeográfica namoraba a todo aquel que se decataba das privilexiadas vistas sobre a ría.

Na actualidade, a de agora é a cuarta familia que está á fronte do negocio. Iria Martínez é quen representa a esta cuarta xeración e é a bisneta do fundador. Ao comezo, debido ao contexto histórico no que se constituiu, aloxábanse familias que levaban consigo o seu servizo persoal durante a estancia vacacional. Do mesmo xeito, os franceses eran tamén os que máis frecuentaban esta zona por ser para eles un destino barato. Independentemente da súa procedencia, La Terraza Hotel tiña as portas sempre abertas para todas as persoas.