E o municipio de Sanxenxo, de quen vén sendo?

No ano 1836 constitúese o municipio de Sanxenxo e no século seguinte instáuranse os complexos hoteleiros
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
photo_camera Imaxe antiga da zona de Sanxenxo. DS

Pouca xente permanece indiferente ante Sanxenxo cando a visita por primeira vez. As aguas cristalinas, a area branca e fina, a gastronomía única e de
calidade e o tempo que é un soplo de aire fresco respecto á calor do centro peninsular, son elementos que namoran a todas as persoas que visitan Sanxenxo. Pero este municipio das Rías Baixas é moito máis que un lugar para descansar ou pasear. A súa orixe e a súa historia é o punto de partida de todo o que hoxe vemos deste pobo.

"Gracias a los estudios de Isidoro Sabell Salgués, y siguiendo a los mismos, se puede decir que hasta la invasión de los romanos, el territorio del actual Sanxenxo, en poco se diferenciaba del resto de la costa atlántica gallega", explica o avogado e historiador Víctor Viana Barral para a revista ‘eSmás’.

Nantes, Baltar ou Gondar eran nomes que xa figuraban en moitos séculos atrás. "Tras la conquista romana y la posterior llegada de los suevos, se van formando las agrupaciones que se convertirán en el futuro Sanxenxo, con nombres como Gondar, Nantes, Contomil, Baltar o Recarey, y la formación de parroquias que en el futuro delimitarán al actual municipio", continúa explicando o historiador para eSmás.

Sería cara o ano 1836 cando de xeito definitivo se forma o municipio de Sanxenxo. "Le corresponden dos alcaldes, ocho regidores y dos procuradores", desenvolve Víctor Viana. O historiador tamén explica que como era propio dos pobos mariñeiros, o municipio viuse envolto en conflitos do xeito e da traíña.

Unha circunstancia que resulta unha aproximación á fotografía actual de Sanxenxo sucede no ano 1940 coa instauración dalgúns dos principais complexos hoteleiros, como o Hotel La Terraza.