Unha fin de semana de baile, cultura e tradición da man de Abiñadoira

▶ A agrupación actuará este sábado en Pascual Veiga e organiza a súa Romaría o domingo
Abiñadoira durante unha das súas últimas actividades. DS
photo_camera Abiñadoira durante unha das súas últimas actividades. DS

Tras o éxito da obra teatral O segredo do colchón, que inaugurou onte toda unha fin de semana de actividades da man da asociación Abiñadoira, a actuación do grupo teatral Súa Vila, formado polo clube de pensionistas de Sanxenxo no Emilia Pardo Bazán foi o aperitivo perfecto para toda unha fin de semana de actividade que comeza este mesmo venres, coa celebración de San Xoán, e que ten como punto forte a tradicional Romaría de Abiñadoira este domingo.

Así, este sábado, 24 de xuño, a agrupación continuará a súa listaxe de actividades cunha actuación na Praza de Pascual Veiga, a partir das 22.00 horas, no marco das XXIX Xornadas Culturais, que xa son toda unha institución cunha longa tradición no municipio de Sanxenxo.

Tras a actuación, o domingo será a quenda da XXIX Romaría Tradicional de Abiñadoira, que comezará a partir das 9.00 horas na rúa San Isidro de Sanxenxo, e que se alongará durante toda a xornada con actuacións e moitos atractivos. Entre eles, a xornada estará marcada pola animación musical que animará ao baile libre, así como produtos típicos da zona, coma as empanadas, doces caseiros, churrasco e bebidas. Á hora do vermú, ás 13.00 horas, terá lugar a actuación do grupo Xironsa de Cambados e para pechar a celebración, a partir das 22.00 horas, terá lugar o concerto do grupo tradicional A Música de Cecebre.