A Festa da Ostra triunfa en Sanxenxo

O evento situado diante do campo de fútbol de Noalla estará ata este domingo a partir das 11.00 horas
Son moitos os que deciden degustar este prato. E.B.
photo_camera A Festa da Ostra de Noalla recibiu este sábado aos seus primeiros visitantes. E.B.

A XXX Festa da Ostra estase a celebrar este fin de semana na explanada que se atopa diante do campo de fútbol de Noalla, na zona da praia de A Lanzada. Este sábado recibiu a visita do deputado provincial, Marcos Guisasola, do concelleiro de Turismo, Juan Deza y la concelleira de Cultura, Helena Torres. Estes desfrutaron, xunto cunha carpa case chea, do prato principal e dunhas copas de viño albariño á vez que a carpa estaba amenizada pola agrupación folclórica

Un día de calor e soleado na zona da praia de A Lanzada axudou a que na carpa da Festa da Ostra cada vez foran máis e máis os que entraban a probar este prato, ademais doutros moitos como poden ser arroz con marisco, mexillóns, zamburiñas... e unha longa carta ao desfrute do consumidor. Poderán degustarse estes bivalvos marinos ata este domingo. O servizo comeza as 11.00 horas.