Anselmo Outón Vázquez, veciño de Dorrón, celebra o seu 100 aniversario

As concelleiras de Maiores, Paz Lago, e a de Cultura, Elena Torres, visitáronno para felicítalo e entregarlle un ramo de flores
Anselmo Outón Vázquez xunto a súa muller e familia durante a visita das concelleiras
photo_camera Anselmo Outón Vázquez xunto a súa muller e familia durante a visita das concelleiras. DS

O veciño de Dorrón, Anselmo Vázquez Outón, cumpriu este sábado 100 anos. As concelleiras de Maiores, Paz Lago, e de Cultura, Elena Torres, visitáronno para felicítalo persoalmente e entregarlle un ramo de flores. Anselmo que vive xunto a súa muller Carmen, de 82 anos, cunha das súas dúas fillas atópase ben de sáude. 

Anselmo, mariñeiro de profesión, comezou a traballar con tan só 12 anos. Xubilouse aos 55 anos o que lle permitiu desfrutar dos paseos camiñando a diario ata a praia de Area de Agra e nadar, verán e inverno, nas súas augas. O centenario soprou tres velas xunto a súa familia nunha comida familiar.